Segundo asalto para os nosos en Innsbruck. Hoxe toca Suecia e de novo teremos que demostrar se podemos ou non. Os últimos días na concentración española non estiveron nin moito menos cheos de euforia. Todo o contrario, o tema estrela foi o enfado de Torres e a reacción de Luis tralo troco do primeiro encontro ante Rusia.
Os suecos tamén gañaron o primeiro encontro e o que gañe hoxe meterase con p
é e medio en cuartos, e dependendo do outro resultado podería meterse xa de forma matemática. Preocupan os balóns aéreos dos suecos xa que van moi ben por arriba e a nosa defensa nos últimos encontros non se mostrou moi fina (non temos máis que recordar o gol de corner que encaixamos contra Rusia ou o erro de Marchena ante Perú). Pero eles tamén están preocupados xa que España xogou moi ben no primeiro encontro e o xogo de toque pode facerlle moito daño aos Escandinavos, ademáis están sen banda deireita, un agravante máis.
é e medio en cuartos, e dependendo do outro resultado podería meterse xa de forma matemática. Preocupan os balóns aéreos dos suecos xa que van moi ben por arriba e a nosa defensa nos últimos encontros non se mostrou moi fina (non temos máis que recordar o gol de corner que encaixamos contra Rusia ou o erro de Marchena ante Perú). Pero eles tamén están preocupados xa que España xogou moi ben no primeiro encontro e o xogo de toque pode facerlle moito daño aos Escandinavos, ademáis están sen banda deireita, un agravante máis.Os atractivos estarán na punta de ataque dos dous conxuntos con Villa e Ibrahimovic como o centro de todas as miradas. O "Guaje" marcou 3 goles na primeira xornada e Ibracadabra deleitounos cun golazo ante Grecia. Polo tanto veremos quen está máis acertado.
En canto a aliñación Luis repetirá o mesmo 11 que ante Rusia, normal xa que o que vai ben non é mudalo. Aragonés apostará de novo polo 4-4-2; xogará Casillas na porta, con Ramos, Marchena, Puyol e Capdevila na defensa. Senna será o mediocentro defensivo, con Xavi levando a manixa do equipo, polas bandas dous xogóns Iniesta e Silva e arriba a dianteira de moda en Europa: Villa e Torres. Suecia tamén colocará previsiblemente un 4-4-2 con Isaksson na porta, Stoor-Mellberg-Hansson-Nilsson na liña defensiva, Rosenberg-Svensson-Ljungberg-Andersson na creación e Ibrahimovic e Larsson en punta.
Todo isto no estadio Tivoli de Innsbruck dende 18:00 h cun ambientazo nas bancadas, aínda que os españois estaremos en inferioridade. Pero o resto estaremos vendoo por Cuatro e apoiando dende as nosas casas.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario