martes, 17 de junio de 2008

Día 11-> Grupo C

FRANCIA 0-2 ITALIA-> A AZZURRA CÓLASE NOS COMO ELA SABE

De novo apareceu Italia, no momento xusto e para meterse nos cuartos. A participación estaba sendo desastrosa, unha goleada ante Holanda e un empate salvado ante Romanía grazas a Buffon, eran o pobre balance da Azurra ata hoxe. Pero no último día venceron con relativa comodidade a Francia, e para a súa sorte Holanda venceu a Romanía. Polo tanto xa temos rival nos cuartos, a perigosísima Italia.

O partido comezou igualado, pero os franceses viñeronse abaixo dende que no minuto 7 Ribery se lesionase el solo. Por desgraza parece que o do extremo francés pode ser unha lesión de larga duración. Todo comezaba mal para Francia, e Italia comezou a crear perigo con balóns a espalda da defensa buscando a Luca Toni. No 23 Abidal comeuse un deses pases e deixou ao do Bayern solo derribando a Toni cando ía a tirar. Polo tanto penalti, expulsión e medio partido para Italia. Pirlo non errou o penalti e dende ese 23 ata o descanso ben puido chegar o segundo de Italia, que dominou e incluso lanzou un disparo ao pao por mediación de Grosso.

Os de Donadoni saíron durmidos do descanso e Francia tivo o seu momento para meterse no partido e na Euro, pero non era o día dos "bleus". Incluso o seleccionador italiano fixo trocos defensivos pero Francia non foi quen de lograr a igualada. Entón, no 62 chegou a sorte italiana. Tirou De Rossi unha falta a romper que petou na barreira e entrou enganando completamente a Coupet. Se os italianos non tiveran complexos de meterse atrás co 1-0, menos os tiveron cos 2-0 xa que quererían manter o marcador porque as noticias do outro partido do grupo eran moi boas. Aínda así os cansados franceses puideron recortar distancias, pero aí estivo Buffon para facerlle un paradón a un gran disparo de Benzemá.

Polo tanto todo decidido, Italia a cuartos e Francia volta a casa tendo como verdugo o mesmo que na final de Alemaña. Seguramente a xubilación dos compañeiros do gran Zidane.

HOLANDA 2-0 ROMANÍA-> HOLANDA CUMPLE, E COLOCA A ITALIA NOS CUARTOS

Holanda demostrou a súa profesionalidade vencendo aos de Piturca, ante as numerosas especulacións que existían ante este enfrontamento. A "laranxa mecánica" demostrou estar un par de peldaños por enriba que Romanía que tras dous grandes encontros hoxe decepcionou e o seu sono quedou roto. Aínda así cumpliron un grande papel neste grupo da morte remantando terceiros.

A primeira metade comezou de forma moi igualada, con ocasións para ambos bandos. Pero pronto os holandeses tomaron o mando do encontro, como eles lles gusta e pouco a pouco foron chegando as ocasións. Van Persie fallou dúas ocasións claras, e pouco despois Arjen Robben fallou unha ocasión que parecía imposible de errar.

A primeira ocasión do segundo asalto foi para os de Piturca, pero non foi máis que un espexismo. Os holandeses contestaron con rabia e Van Persie tivo dúas clarísimas pero apareceu Lobont no momento xusto. Ao final chegou o xusto premio para os holandeses, no minuto 54 trenzaron unha xogada das súas que rematou co primeiro gol de Huntelaar nesta Eurocopa. Entón tería que chegar a reacción de Romanía pero en ningún momento da segunda metade inquedaron a Stekelenburg, o porteiro suplente holandés. Para pechar o partido a laranxa mecánica colocou o segundo no electrónico no 86 cun gol de Van Persie. A verdade é que o do Arsenal mereceu o tanto xa que foi un dos mellores durante todo o encontro.

Mañán xornada intrascendente para España, pero cun partido moi emocionante entre Suecia e Rusia para dilucidar o segundo do grupo D.

Un saúdo.

No hay comentarios: