domingo, 22 de junio de 2008

Día 15-> Os cuartos

HOLANDA 1-3 RUSIA-> REVOLUCIÓN RUSA


Increíble o que vivimos onte en Suiza, os rusos sacaron o seu mellor fútbol no momento xusto e gañaron con todo merecemento a gran Holanda de Van Basten. Esperabamos un partido bo dos dous equipos pero non esperabamos este partidazo e a gran lección táctica que deu Hiddink a toda Europa.

O partido presentabase con Rusia presionando a toda máquina e afogando a salida do balón holandesa no medio do campo. Despois sacaban perigosísimas contras con Arshavin e Pavlyuchenko como protagonistas principais. Holanda tivo a primeira ocasión nun gran saque de falta onde erraron os seus rematadores. Pero Rusia viuse arriba e tivo as mellores ocasións da primeira parte para enloquecer a pequena parroquia rusa que estaba presenciando o encontro no St. Jacob's Park. Arshavin plantouse fronte a Van der Sar que fixo un paradón onte o revirado tiro da estrela rusa. Kolodin mandou dos mísiles que Van der Sar salvou como puido convertíndose no heroe da laranxa mecánica nos primeiros 45 minutos.

-
Con estes ingredientes ninguén se perdeu a segunda parte xa que a sorpresa e o fútbol facían que todo o mundo estivera enganchado ao televisor. Os rusos seguiron atacando sen medo e no 55 tiveron o seu merecido premio. De novo a xogada comezou en Arshavin que lle meteu un gran pase en profundidade a Semak que centrou para que Pavlyuchenko colocara o 1-0. Holanda tivo que reaccionar, pero estaba atascada e solo Sneijder parecía que tiña as ideas claras. Nunha contra Rusia debeu sentenciar pero Semak disparou ao longueiro. A tímida ofensiva holandesa continuaba e Sneijder rozou o longueiro cun disparon lonxano. Todo parecía claro, pero a falta de 5 para o final apareceron as carencias rusas. Foi nunha falta sacada por Sneijder que Van Nistelrooy rematou no segundo pao para empatar o partidazo. Prórroga e todas as apostas de novo a favor de Holanda.

-
Rusia non saiu a especular e foi dona e señor de prórroga. Na primeira metade Pavlyuchenco colocou un balón na cruceta e Kolodin tamén tivo outra clara. Todo parecía predestinado aos penaltis pero so de Hiddink non querían oír falar desa ruleta rusa.
-
Na segunda metade apareceu o gran Arshavin. O do Zenit fixo unha gran xogada que rematou cun centro chut que superou a Van der Sar e que meteu dentro das redes Torbinski cando xa parecía que se perdía pola liña de fondo. Os rusos poñíanse por diante pero Arshavin quería máis. Fixo un desmarque espectacular, controlou e colocoulla entre as pernas a Van der Sar. O partido sentenciado, os rusos a cuartos e un Arshavin que se convertiu nunha das estrelas desta Euro.

Holanda que nos deslumbrou a todos co seu fútbol, viuse superada claramente pola táctica e o bonito fútbol desplegado polos de Hiddink que mereceron a vitoria.


Un saúdo.

No hay comentarios: