domingo, 15 de junio de 2008

Día 9-> Grupo A

TURQUÍA 3-2 R. CHECA-> TURQUIA A CUARTOS NUN FINAL DE INFARTO
Emoción, goles, alternativas, polémica hoxe tivemos moitos ingredientes en Xenebra, e claro ao final saiu o partidazo da Euro ata agora. Os checos estaban nos cuartos, pero en 15 minutos apareceu o milagro turco nun final digno de película de ciencia ficción.
O partido comezou moi ben para os checos. O primeira parte foi súa xa que Turquía dedicouse a pegar pelotazos para que un Nihat desaparecido os loitara ante os dous grandes centrais checos. Polo tanto os turcos estiveron sen ideas atacantes durante os primeiros corenta e cinco minutos. Os checos tampouco xogaron moito máis, pero teñen a Jan Koller arriba que deu unha lección de aguantar balóns para deixalos aos seus centrocampistas, e así os checos pouco a pouco tomaron o mando do encontro e dispuxeron de ocasións. No 34 chegou o premio ao seu dominio, foi nunha boa xogada de Sionko pola banda dereita que Koller rematou a perfección para colocar o 1-0. De aí ao descanso fase tranquila e sen sustos para os nosos corazóns que tiveron traballo de sobra durante toda a segunda parte.
Tras unha boa bronca de Terim os turcos espabilaron na segunda metade. Primeiro comezaron a xogar a balón parado e despois comezaro a combinar como eles saben en ataque, abrían as bandas e buscaban os centros, aínda que Nihat e Senturk non estaban moi atinados. Pero cando parecía que podía chegar o empate dos turcos chegou o segundo dos checos no 62. Centraron os checos dende a dereita e Plasil colocou o 2-0. Os turcos si que se lanzaron con todo, e nunha contra os checos tiveron a sentencia definitiva pero erraron. Corría o 75 e Buckner xa estaba practicamente pensando en Croacia chegou o gol de Arda Turán que poñía o encontro ao vermello a falta dun cuarto de hora. O dominio turco era total pero non dispoñían de ocasións claras, pero Cech no 87 deixou escapar un sinxelo centro dende a dereita para que Nihat empurrara o 2-2. Un empate que nos levaría aos penaltis, pero no minuto seguinte Nihat de novo puxo aos turcos por diante. A defensa checa tirou mal a liña do fóra de xogo, e deixou ao do Vilarreal só que definiu de forma grande, aínda así o balón tocou no longueiro antes de entrar. Pero non todo ía a ser tan fácil para os turcos, na que seguinte xogada Demirel chocou co seu defensa e Vlcek tivo o empate, pero a porta baleira mandouna fóra. Demirel levantouse e agrediu a Koller, non se sabe porque e os turcos xogaron o descanso con 10 e cun improvisado porteiro, Tuncay que simplemente miraba ao ceo porque non se miraba quen de parar ningunha. Pero os checos non dispararon e rompeuse o seu soño nesta Euro. Os turcos non foron mellores, pero puxeron fé co 2-0 e tiveron a sorte de cara.

SUIZA 2-0 PORTUGAL-> FESTA SUIZA PARA DESPEDIRSE DA SÚA EURO

Suiza superou para o delirio do St. Jacob's Park a unha Portugal plagada de suplentes e que deu unha pobre imaxe. Unha boa despedida para os anfitrións que fan historia, xa que é a súa primeira vitoria nunha Eurocopa.

A primeira parte estivo aberta en ambolos dous equipos tiveron ocasións. O árbitro tamén se sumou a festa e comeuse un claro penalti cometido sobre Nani e anulando un tanto legal a Postiga. Portugal dispuxo tamén dun tiro ao longueiro no 35, pero os lusos se queren gañar a Euro deben de xogar moito máis que hoxe. De todas formas, hoxe todos os cracks estaban no banquilla descansando para esperar seguramente eses cuartos ante Alemaña.

Os suízos mantiñan a súa liña defensiva, pero ao chegar aos tres cuartos de campo como nos outros encontros non tiñan as suficientes ideas para crear perigo. Xa no 70 chegou o momento de inspiración suizo. Derdikov recibiu no borde da área e cun toque de calidade deixoulla a Yakin para que fusilara a Ricardo e puxera a ledicia nas bancadas de Basilea. Xa no 82, o árbitro, o mellor suizo no dia de hoxe pitou un dubidoso penalti de Meira sobre Barnetta. De novo Yakin foi o encargado de anotar e poñer o 2-0, evitar o último posto de grupo para os suizos e para despedir a Kobi Kuhn (o seu seleccionador) e a súa Euro cun dulce final.

Mañán, grupo B. Con Alemaña e Austria loitando pola clasificación en Viena. Un pinchazo alemán daría opcións ao polacos que intentarán derrotar a Croacia.

Un saúdo.

No hay comentarios: