-
Ao final tras 24 anos sen meternos nunhas semis aí estamos. Foi unha noite emocionante, de moito sufrimento e que terminou cunha festa inesperada para todos. Ninguén esperaba que unha vez chegados os penaltis no día 22 de xuño e ante a temida Italia de Buffon a "furia vermella" podera.
Comezaba o partido no Ernst Happe
l con medo para os españois, pero pronto os pequeniños comezaron a facerse grandes combinando ante a defensa azzurra. O problema e que non chegaba a definición de outros días. Fandel tampouco axudou coméndose un penalti tan claro como tonto de Ambrosini sobre Villa. Ante a muralla italiana intentamos disparar de lonxe pero cando non aparecía Buffon a puntería de Silva, Xavi ou Villa non era a correcta. Pero nunha contra chegou o medo e solo Marchena estivo no lugar xusto para que o ariete Toni non anotara. Iso si, a seguinte foi a máis clara nosa, nun disparo de Silva que lambeu o pao.Na reunudación non renunciamos ao noso estilo, e seguimos atacando aínda que as ocasións chegaban a contagotas. O partido poñíase cada vez máis feo e nunha desas a punto estiveron os italianos de darnos o desgusto pero apareceu Iker para parar cos pés un disparo de Camoranesi. Luis fixera os tres cambios, pero solo Fábregas tiña a tarde. Buffon, o gran porteiro italiano case nos deu a ledicia da noite cando Senna disparou e o seu obus se lle escapou e rematou pegando no pao. A prórroga estaba servida.
De novo saímos mellor e toda España cantou gol nun disparo de Silva que pa
sou tan cerquiña...Logo os italianos contestaron e tiveron 3 claras. A segunda parte da prórroga foi completamente nosa, e tivemos dúas clarísimas. Villa, rebentado, escorouse demasiado nun control que o valencianista non falla e Buffon enviou a corner. E cando Fandel xa ía a pitar fixemos unha das mellores do encontro que rematou cun centro de Cazorla moi forte ao que un desesperado Villa non puido chegar. A cara do "Guaje" reflexaba o sufrimento español, era 22 de xuño e de novo chegaban os penaltis.Pero a sorte debíanos unha e
todo comezou ben. Villa, Grosso e Cazorla estiveron seguros. Logo comezou o recital de Iker facendolle un paradón a De Rossi. Logo Senna e Camoranesi tiraron con tranquilidade. Güiza errou e xa nos esperabamos o peor. Pero de novo San Iker adivinou as intencións de Di Natale. Se marcabamos todo estaría feito. Fábregas, tranquilo, enganou a Buffon e si, cambiamos a historia. Non é momento para euforias, pero polo menos xa estamos nas semis.Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario