martes, 17 de junio de 2008

Día 10-> Grupo B

AUSTRIA 0-1 ALEMAÑA-> ALEMAÑA MÉTESE NOS CUARTOS CO XUSTO

O industria alemana tumbou aos anfitrións co xusto, e grazas a un misilazo de Ballack que meteu como era previsible a os de Low en cuartos. O rival, sen dúbida que non vai ser sinxelo, enfrontaranse a Portugal de Cristiano Ronaldo.

Na primeira metade Alemaña quixo dominar, pero os austriacos puxeronlle ganas e Mejuto comeuse un penalti de libro na área alemana. Antes Mario Gómez fallou a máis clara da primeira metade para os alemanes. O máis destacado da primeira metade foi a expulsión dos dous seleccionadores, por enzarzarse nunha discusión co 4º árbitro que Mejuto cortou polo san. Os dous a grada e o problema solucionado. O asturiano, ao mellor tivo demasiado protagonismo no Erns Happel.

A segunda metade comezou con moitísima emoción, pero entón chegou o golpe alemán definitivo. Os de Low (xa na grada) dispuxeron dunha falta ao borde da área, e Ballack mandou un auténtico mísil que se colou pola escadra dun Macho que non puido facer absolutamente nada. Corría o minuto 48, pero os anfitrións seguían pensando na machada. Pero aos austriacos faltalle ese puntiño de calidade que demostraron os alemáns. Puxeronlle ganas, pero atacaron con máis corazón que con cabeza pero aínda así Hoffer rozou o gol. Pero as gañas non chegaron e cousa quedou 0-1 con Alemaña en cuartos e cos austriacos orgullosos do seu papel nesta Euro. Foi un partido moi emocionante para seguir, ao igual que o Turquía-R.Checa aínda que nunca con tantos sobresaltos.

POLONIA 0-1 CROACIA-> OS CROATAS FAN PLENO COS SUPLENTES

Partido intranscendente o de Klagenfurt para os croatas que así se o tomaron xa que o seu seleccionador apostou por todos os seus suplentes. Polonia non mostrou nada, sendo de novo Boruc (o porteiro) o seu mellor xogador.

Croacia saiu coa mesma solidez que nos outros partidos a pesar de cambiar de arriba abaixo o seu once titular, estivo segura en defensa e dominou merecendo a súa terceira vitoria nesta Euro, pero recordemos que Polonia é un rival bastante limitado. Na primeira metade non chegaron os goles pero na segunda pasou algo precioso.

Klasnic, que se sometou a un dobre transplante de riles e voltaba onte a xogar, marcou o tanto da vitoria cando arrancaba a segunda metade. A súa perna e incluso os riles empurraron un gol especial para el, no seu debut na Euro despois do transplante. O fútbol e o deporte sempre nos deixa estas historias tan espectaculares. Polonia atacou por orgullo na última media hora, pero o gol do empate non chegou por que sen dúbida que hoxe era o día de Klasnic e iso ninguén o podía xa mover. Un partido intranscendente, pero no cal observamos numerosas historias preciosas.

Mañán, decídese o grupo da morte e coñeceremos o noso rival para os nosos temidos cuartos.

Un saúdo.

No hay comentarios: