miércoles, 18 de junio de 2008

Día 12-> Grupo D

GRECIA 1-2 ESPAÑA-> REMONTADA COS SUPLENTES, E A POR ITALIA

España segue con paso firme nesta Eurocopa, hoxe lograron un triunfo que da moral e ademais os menos habituais tamén sentíronse partípices neste trofeo sendo superiores aos gregos e merecendo ese triunfo remontando no treito final.

O partido empezou con demasiada relaxación por parte de ambolos dous conxuntos. Os suplentes españois saíron tranquilos e non inquedaban ao autubus grego, que xa estaba aparcado diante da porta de Nikopolidis. Solo Xabi Alonso inquedou ao veterano porteiro grego cun gran disparon dende a medular que pasou rozando a cruceta e que se entrara, convertiríase no gol da Eurocopa. Grecio usou a súa mellor arma, as xogadas a balón parado, para crear perigo. Así Charisteas aproveitou un despiste da zaga española para colocar o 1-0 nunha xogada deste tipo.

Na segunda parte España comezou con ganas e Xabi Alonso mandou outro obus que colleu gran dirección; este non lambeu o pau, golpeo de forma violenta contra el. A salida de Cazorla dinamizou a España e parecía cuestión de tempo que chegaran os goles. No 61 e tras varias ocasións erradas polos Güiza, Sergio García ou De la Red chegou o gol. Cesc colocouna no área, Güiza deixouna atrás e Rubén de la Red empalouna con moitas gañas e colocou o empate. Nunha contra Grecia puido marcar, pero o disparo de Charisteas acabou no pao. Aí rematou Grecia e España conseguiu o segundo para lograr unha merecida vitoria. Foi nun centro de Sergio García que Güiza rematou para lograr o seu primeiro gol coa Vermella. Unha boa remontada, e máis moral de cara ao reto do domingo onde nos xogamos a vida.

RUSIA 2-0 SUECIA-> RUSIA XOGA BEN, MÉTESE EN CUARTOS E AVISA A HOLANDA

Rusia recolle a oitava e última praza en cuartos, tras derrotar a Suecia de Ibrahimovic e demostrando que se recuperou a perfección do 4-1 que sufriu ante España.

Os de Hiddink sairon dende o comezo a xogar ao fútbol, nada de especular e iso sempre debería de ter premio. Hoxe os rusos así o tiveron xa foron os merecidos gañadores do encontro de Innsbruck. Tras 23 minutos de bo fútbol ruso Pavlyuchenko colocou aos seus por diante tras unha bonita combinación. Os suecos entón apostaron polo pelotazo, e Larsson estivo a punto de logar a igualada, pero o seu cabezazo rematou fóra. E para rematar o primeiro acto, Pavlyuchenko tirou a madeira para rozar a sentencia rusa.

Na segunda metade Rusia saiu metida atrás e moi pronto sentenciou o encontro nunha contra. A velocidade rusa, a súa calidade e a definición de Arshavin colocaron o 2-0 en Innsbruck. Eran dous goles e toda a segunda metade por diante, un muro imposible de escalar para uns inoperantes suecos que botaron de menos a Ibrahimovic que xogou tocado pero pasou con máis pena que gloria.

Polo tanto os de Hiddink van a por todas e nunha liña ascendente e intentarán dar a badalada en cuartos ante Holanda.

Mañán unha pequena análise que servirá de antesala aos marabillosos cuartos que comezan mañán en Basilea cun partidazo que ben podería ser a final. Portugal-Alemaña.

Un saúdo.

No hay comentarios: