Despois de 12 días de moito fútbol, goles, sorpresas, remontadas e un bonito espectáculo comeza a hora da verdade. Xa temos os oito candidatos que loitarán polo título e varios partidos dos cuartos de final teñen moi boa pinta.
O primeiro será o Portugal-Alemaña en Basilea. Será un bo partido para ver ata onde está o verdadeiro nivel dos nosos veciños xa que Alemaña xa é unha selección de categoría e que pode meter en moitos apretos aos lusos. Aínda así o xogo alemán deixa moito que desear, pero será un partidazo o que viviremos para abrir os cuartos.
Mañán mesmo, e xa en Viena outro partido de moito nivel. A sorprendente Croacia debe confirmar o seu xogo ante a pasión turca. Será un partido igualado e con emoción ata o final xa que os turcos sempre prometen esa emoción ou polo menos nesta Euro.
Holanda buscará cenar ensaladilla rusa sazonada cun toque de Hiddink o sábado pola noite. Pero a Rusia ben lle sentaría un bo zume de laranxa mecánica. Partido con moitos ingredientes, onde primará o fútbol de ataque e onde veremos un bó espectaculo polo visto nos últimos encontros dos dous equipos. A priori Holanda é superior, pero aquí non se regala nada.
E o domingo o prato forte para nós con España xogándose a vida ante Italia. Será un partidazo e esperemos que o momento de cambiar a historia para os nosos que teñen en Italia a súa besta negra. Chegou o momento de vingar a Luis Enrique polo codazo de Tassoti, será o momento de dalo todo. Podemos....ou non podemos?
Un saúdo, e a desfrutar que soamente quedan 7 partidazos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario