SUECIA 1-2 ESPAÑA-> VILLA CONSEGUE MEDIA CLASIFICACIÓN NO DESCONTO
Villa outra vez foi o grande protagonista do día. Hoxe, cando todo parecía perdido e que ninguén nos libraba no empate ante os suecos apareceu no desconto para colocar o 1-2 e meternos con pé e medio nos cuartos de final.
O partido en Innsbruck comezou ben para os nosos, xa que aínda que non dominaron claramente encontraron un gol no 15. Foi unha xogada de laboratorio preciosa, sacou Xavi o corner en corto para Villa, este deulla a Silva que colocou un balón perfecto para que Torres metera a punta do pé e colocara o 1-0. Pero entón chegou a empanada dos españois, dende entón os suecos tomaron o mando, e a base de pelotazos crearon a ircertidumbre na defensa española. Ademais Puyol lesionouse e tivo que entrar Albiol descolocando un pouco todo. E nunha desas colleuna Ibrahimovic no área e aí o sueco e mortal. Recortou ben a Ramos e colocou as táboas no electrónico do estadio Tivoli. Despois España seguiu coa empanada, pero o árbitro aínda así comeuse un clarísimo penalti sobre David Silva.
Na segunda metade todo cambiou, Ibrahimovic tívose que retirar por molestias na súa rodilla e España tomou os mandos dende o comezo. Luis fixo un cambio sorprendente e quitou a
Iniesta e Xavi do campo para darlle a alternativa a Cazorla e Fábregas. A Vermella tocaba o balón pero o xogo non era moi fluído. Aínda así Senna e Torres tiveron dous disparos lonxanos que puxeron e apretos a Issaksson. Tamén houbo unha triple ocasión clarísima onde Silva, Villa e Torres puideron acadar o segundo pero de novo Issaksson estivo providencial. Despois, todo xa parecía perdido pero apareceu de novo Villa. Cando pasaban 2 do tempo regulamentario Capdevila pegou un pelotazo, o "Guaje" enganchouna na banda esquerda foise cun túnel do defensa e definiu con calidade ante Issaksson. Un gol soamente a altura dos grandes, e Villa está demostrando nesta Euro que é un deses grandes.
Iniesta e Xavi do campo para darlle a alternativa a Cazorla e Fábregas. A Vermella tocaba o balón pero o xogo non era moi fluído. Aínda así Senna e Torres tiveron dous disparos lonxanos que puxeron e apretos a Issaksson. Tamén houbo unha triple ocasión clarísima onde Silva, Villa e Torres puideron acadar o segundo pero de novo Issaksson estivo providencial. Despois, todo xa parecía perdido pero apareceu de novo Villa. Cando pasaban 2 do tempo regulamentario Capdevila pegou un pelotazo, o "Guaje" enganchouna na banda esquerda foise cun túnel do defensa e definiu con calidade ante Issaksson. Un gol soamente a altura dos grandes, e Villa está demostrando nesta Euro que é un deses grandes.GRECIA 0-1 RUSIA-> RUSIA DESPIDE AO CAMPIÓN
Dende hoxe xa é definitivo, dentro de dúas semanas teremos novo campión de Europa, xa que a defensiva Grecia non repetirá título tras perder os seus dous primeiros partidos do grupo D.
Grecia saiu a defende
r en Salzburgo, é o xogo que practican e por desgraza foi o que os levou a ser campións en Portugal facendolle bastante dano ao fútbol de ataque. Rusia tomou a iniciativa do encontro sen problemas pero aínda así non creou perigo serio durante uns primeiros instantes de partido bastante aburridos. Todo parecía monótono ata que Nikopolidis lle deixou o gol en bandexa aos rusos, o porteiro heleno saiu a tapar a un rival esquinado que cedeu o balón en bandexa a Zyrianov que colocou o 1-0 no 33. Nikopolidis demostrou que os anos non pasan en balde, e o que fóra un dos héroes daquela milagre de Lisboa hoxe convertiuse en villano.
r en Salzburgo, é o xogo que practican e por desgraza foi o que os levou a ser campións en Portugal facendolle bastante dano ao fútbol de ataque. Rusia tomou a iniciativa do encontro sen problemas pero aínda así non creou perigo serio durante uns primeiros instantes de partido bastante aburridos. Todo parecía monótono ata que Nikopolidis lle deixou o gol en bandexa aos rusos, o porteiro heleno saiu a tapar a un rival esquinado que cedeu o balón en bandexa a Zyrianov que colocou o 1-0 no 33. Nikopolidis demostrou que os anos non pasan en balde, e o que fóra un dos héroes daquela milagre de Lisboa hoxe convertiuse en villano.Na segunda parte Grecia tivo que abandoar posicións defensivas, aínda que a verdade custoulle moito xa que os gregos non acostuman a facer isto. Dedicáronse a meter balóns desesperados arriba buscando a heroica. Mentres os veloces rusos perdoaron a vida os gregos con espazos e a contra. Pero a segunda parte non tivo ningunha emoción xa que parecía imposible que os gregos empataran. Un triste final para os gregos, os héroes de Portugal; pero a verdade e que o camiño ata aquí non foi moito máis belo.
Isto deunos unha alegría a nós, xa que nos coloca primeiros de grupo pase o que pase na última xornada e fai que evitemos a Holanda nas semis. Mañán pequena análise, e o desenlace do Grupo A con R.Checa e Turquía xogándose a vida en Zurich.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario