viernes, 13 de junio de 2008

Día 7-> Grupo C

ROMANÍA 1-1 ITALIA-> BUFFON SALVA A AZZURRA DA ELIMINACIÓN

Hoxe en Zurich vivimos un partidazo, con ocasións en ambos bandos e cun resultado incerto que ninguén puido adiviñar ata que o árbitro sinalara o final do encontro. Iso si os de Piturca desaproveitaron unha pena máxima coa que puideron mandar a Italia e Francia para casa e meterse xa nos cuartos.

Comezou con forza Italia, facendo que Lobont se tivera que esforzar ao máximo por manter a porta dos amarelos e cero. Pero Romanía contestou firmemente e Mutu (un dos grandes protagonistas do encontro) estrelou o balón no pao. Buffon tamén estivo xenial e a primeira parte foi preciosa, simplemente lle faltou algún que outro gol. Iso si, no tempo de desconto o árbitro anuloulle un a Luca Toni por un discutido fóra de xogo e coas protestas dos de Donadoni chegouse ao descanso.

O que faltou na primeira metade, chegou moi pronto na reanudación, corría o 55 e Zambrotta cometeu un erro garrafal para que Mutu colocara o 1-0 e marcara o primeiro gol para os seus nesta Euro. Os campións do mundo tiranron de casta e de garra e botáronse arriba conseguindo empatar dous minutos despois por mediación de Panucci, o mesmo que xogara no Madrid e que todavía está igual. A partir diso o dominio foi azzurro e De Rossi fallou unha ocasión clarísima. En esas chegou un penalti a prol de Romanía no 80. Se Mutu transformaba daríalle virtualmente o pase aos cuartos aos seus, pero apareceu o gran Buffon que sacou unha boa man e que manten as esperanzas de clasificación de Italia neste grupo da morte que hoxe nos deixou un partidazo en Zurich.

Romanía dependerá de si mesma na última xornada e cunha vitoria ante Holanda será de cuartos. Mentres, Italia debe de gañar a Francia e esperar.

HOLANDA 4-1 FRANCIA-> A LARANXA MECÁNICA SEGUE DESLUMBRANDO A EUROPA

Por se quedaban dúbidas sobre os holandeses despois de golear a campiona do mundo, hoxe golearon a subcampiona en Berna e Holanda preséntase quizais como a máis clara favorita para esta Euro. Ademais hoxe xa certificaron o seu pase como primeiros de grupo, polo tanto España tamén debe de buscar se primeira porque e a estes non os quero nin en pintura nos cuartos.

Hoxe saltaron con moitas gañas ao campo, como o outro día ante Italia, e solo tardaron 10 minutos en adiantarse nun corner por mediación de Kuyt, o compañeiro de Torres no Liverpool. Francia tivo ocasións co 1-0, pero Henry fallou cousas imperdonables. Se algo sabe facer Holanda e xogar co marcador a favor, xa que defenden ben e sacan contras espectaculares. De todas formas na primeira metade o marcador non se moveu dese 1-0 aínda que os holandeses tiveron contras bastante claras.

Na reanudación os de Doménech tiveron o seu momento pero non o aproveitaron. Primeiro o árbitro comeuse unha mande Ooijer na área holandesa, e despois Henry errou un man a man claro. Entón apareceu Van Gol para facer unha ruleta estelar, deixar a dous franceses sentados e abrir a banda para que Robben correra, e vaia se correu xa que chegou ao área e deulle o pase da morte para que Van Persie empurrara o 2-0. Estabamos no 58 e parecía que o partido estaba sentenciado. Pero 10 minutos despois chegou a locura, primeiro Henry acurtou distancias no 70 ao rematar un centro de Sagnol. Parecía que os bleus observaban a luz ao final do túnel, pero Robben voltounos a meter na pesadilla cun auténtico golazo dende a súa banda onde tan ben xoga. Pero aínda non lle chegaba a laranxa mecánica e todavía faltaba por aparecer un dos seus cracks. Este era Sneijder que no desconto marcou outro golazo dende fora da área superando de vaselina a un desesperado Coupet.

Polo tanto os de Van Basten xa son de cuartos xunto con Portugal e Croacia. Francia debe de gañar e esperar resultados.

Hoxe vivimos dous partidazos, incertos e con goles que nos deixan un bo sabor de boca de cara ao que nos queda de Eurocopa, que non é pouco. Mañán o grupo D, coa Vermella e cun España-Suecia que promete, pero diso xa falaremos no día 8 desta marabillosa Eurocopa.

Un saúdo

No hay comentarios: