CROACIA 1-1 (1-3) TURQUÍA-> A FÉ TURCA PODE CON TODO
Os turcos simplemente saben gañar a heroica, pero o fan moi ben. Se hai unha semana salvábanse de quedar practicamente eliminados gañando a Suiza no desconto e uns días despois meterse en cuartos tras remontarlle de formar inverosímil un 2-0 a R. Checa onte vivimos un partido de infarto onde os turcos remataron gañando.
A verdade e que os turcos aburrense co seu equipo ata os últimos 20 minutos, onde a aparece a mellor versión dos de Terim e os seus grandes héroes que van cambiando segundo o día. Onte, os turcos fixeron unha primeira parte bastante decente e non se deixaron dominar, pero os croatas tiveron unha ocasión clarísma cando o seu dianteiro Olic a porta baleira disparou ao longueiro.
Na segunda Croacia colleu o balón e xirando arredor de Luca Modric dominou pero non foi un dominio arrasante. Foron os únicos que tiveron ocasións pero aínda así o encontro pouco a pouco iba de menos a máis. Turquía non saia da súa área e a súa estrela, Nihat era unha illa en medio da defensa croata. Croacia dominou con facilidade pero non foi quen se marcar o gol que mandara de volta a Estambul a pasión turca e chegou a prórroga onde os turcos se creceron.Pouco a pouco Turquía foise impoñendo; os centros, os disparos lonxanos, os pata
dóns...todo lle creaba problemas a unha cansada Croacia tralo seu esforzo durante o encontro. O partido tiña pinta de 0-0 e de lotería dos penaltis. Pero a 2 minutos do final e tras un erro de Rustu, Modric centrou e colocoulle na cabeza de Klasnic o 1-0. Turquía parecía morta pero non deixou de creer e aproveitando o desconto colocou unha falta na área croata, e tras unha posible falta, Semih Senturk empalou unha volea que se colou pola escadra. Solo quedaba o fácil rematar a uns tocados croatas nos penaltis. Modric e Rakitic dispararon fora mentres os turcos marcaron os tres primeiros. Croacia estaba contra as cordas e para rematar a machada turca Rustu paroulle o penalti a Petric.
dóns...todo lle creaba problemas a unha cansada Croacia tralo seu esforzo durante o encontro. O partido tiña pinta de 0-0 e de lotería dos penaltis. Pero a 2 minutos do final e tras un erro de Rustu, Modric centrou e colocoulle na cabeza de Klasnic o 1-0. Turquía parecía morta pero non deixou de creer e aproveitando o desconto colocou unha falta na área croata, e tras unha posible falta, Semih Senturk empalou unha volea que se colou pola escadra. Solo quedaba o fácil rematar a uns tocados croatas nos penaltis. Modric e Rakitic dispararon fora mentres os turcos marcaron os tres primeiros. Croacia estaba contra as cordas e para rematar a machada turca Rustu paroulle o penalti a Petric.Turquía xa está nas semis e seguirá crendo nas súas opcións, esta vez ante un equipo que tamén sabe competir moi ben, a Alemaña de Low.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario