miércoles, 18 de junio de 2008

Día 12-> A previa

En medio da voráxine informativa ante o que se nos ven enriba e as numerosas especulacións sobre o que vai pasar o domingo ante a nosa bestia negra a azzurra parece mentira que hoxe xoguen os nosos.

Porque esa cidade musical por excelencia como é Salzburgo hoxe centrarase no fútbol para ver un Grecia- España intrascendente. A verdade é que o partido non levanta ningunha espectación e parece ser que o estadio non se vai encher xa que os afeccionados españois resérvanse para os cuartos en Viena, e os gregos están bastante decepcionados coa súa selección.

Para os nosos o encontro servirá para probar os once teóricos suplentes de Luis Aragonés. Tamén Iniesta terá ocasión de resarcirse dos seus primeiros partidos que non foron os mellores do xogador manchego. Polo tanto a vermella colocará un 4-5-1 no campo con Reina na porta; unha liña defensiva formada por Navarro, Juanito, Albiol e Arbeloa; a liña de creación con Sergio García, De la Red, Xavi Alonso, Cesc Fábregas e Iniesta; e na punta do ataque o pichichi da nosa liga Dani Güiza.

Os gregos queren despedirse do seu reinado como campións de Europa cunha vitoria, por iso ao mellor non colocan o autobus e intentarán atacar un pouquiño. Parece ser que Rehhagel colocará un sorprendente 4-3-3 con Nikopolidis na porta tras a súa cantada do outro día; Seitaridis, Dellas, Kyrgiakos, Torosidis; Katsouranis, Basinas, Patsatzoglou na medular; e Charisteas, Liberopoulos, Amanatidis na punta do ataque.

A verdade é que onte a ninguén nos gustou que nos tocara Italia, e seguramente onte estivemos máis atentos do partido de onte esperando e confiando en Romanía pero ao final caiunos o peor que nos podía pasar pero iso xa será outra historia de cara ao domingo. Hoxe, intentaremos o pleno na primeira fase.

Un saúdo.

No hay comentarios: