sábado, 21 de junio de 2008

Día 13-> Os cuartos

PORTUGAL 2-3 ALEMAÑA-> A INDUSTRIA PESADA APARECE NO MOMENTO XUSTO

Parecía o partido para Portugal, para que Cristiano deslumbrara a media Europa e que o seu traspaso aumentara en 10 millóns máis. Pero Alemaña, esa incógnita que a todos nos asustaba apareceu nos cuartos e tumbou a unha das miñas favoritas, a Portugal do "Jogo Bonito".

De todas formas os nosos veciños comezaron o encontro moi ben, tendo a bola e con Deco repartindo xogo ao seu gusto. Despois dunha clara ocasión de Nuno Gomes, apareceu a mellor Alemaña desta Eurocopa. Podolski fixo unha parede con Ballack, e tras unha gran galopada deu o pase da morte para que Schweinsteiger, desaparecido ata a data colocara o 1-0. Alemaña aproveitou o shock portugués para colocar o segundo. Foi a balón parado, un gran saque de falta de Schweinsteiger que rematou Klose completamente solo no segundo pao. Ante Alemaña, non te podes permitir eses erros defensivos. Pero os portugueses sacaron forzas de onde non as tiñan e antes do descanso recurtaron as diferenzas. Ronaldo quedouse soíño diante de Lehmann pero errou, pero Nuno Gomes estaba coa caña preparada para colocar o 2-1.

Os portugueses saltaron ao céspede de Basilea na segunda metade con ganas de remontada, e durante os 10 primeiros minutos tiveron as opcións máis claras de igualar o encontro e voltar a creer que podían co ben armado equipo de Low. Pepe tivo a máis clara, pero o madridista cabezou por enriba do longueiro. Pero Portugal cometeu o segundo erro defensivo do partido, algo que foi mortal. Foi un gol calcado ao segundo, pero nesta ocasión rematou Ballack. Outro erro de marca e un 1-3 irremontable. Acabaron as ideas portuguesas e o recurso do patadón non tivo efecto, Cristiano e Deco parecía noutro mundo e os lusos non carburaban. Aínda así déronlle falsas esperanzas a súa afección cun gol de Helder Postiga a falta de poucos minutos. Portugal seguiu con empeño e nos últimos minutos colocou aos xermanos na súa área pequena e pedindo a hora. Pero onte non era día de festa en Portugal e o partido rematou co doloroso 2-3.

Portugal puxo ganas e máis intencións pero ter dous erros defensivos ante un equipazo ben armado atrás e con esa calidade arriba é firmar a túa sentenza de morte. Alemaña, preséntase xa como a primeira das catro candidatas a gañar esta Euro.

Un saúdo.

No hay comentarios: