jueves, 12 de junio de 2008

Día 6-> Grupo B

CROACIA 2-1 ALEMAÑA-> A MÁQUINA ALEMANA GRIPA ANTE O TOQUE CROATA

Primeiro gran sorpresón desta Eurocopa, sen dúbida Croacia ten un bo equipo e o seu toque desquiciou aos alemáns que foron inferiores. Este xogo croata pode facer moito dano a outros equipos grandes. Para Alemaña repetiuse a historia de hai 10 anos, onde no mundial de Francia mordera o polvo ante os croatas. Daquela os croatas acabaran nas semis.

O comezo foi indeciso, pero pronto os Croatas, dirixidos por un gran Modric, colleron a manixa do encontro e para o colmo dos alemáns no primeiro centro que tiveron os croatas conseguiron o 0-1 por mediación de Srna. O marcador de Klagenfurten alaba que estabamos no minuto 23. Os alemanes espabilaron pero tampouco foi nada do outro mundo a súa reacción, en ningún momento mostráronse como aquel equipo conpacto e que non erraba, ao igual que no primeiro encontro.

Na reanudación Ballack puido empatar, pero solo foi un espexismo xa que os croatas retomaron o dominio, e para desgraza de Alemaña caiu o segundo. Mais ben Lehmann regalou o segundo, xa que comeuse un centro pechado que petou no pau e que Olic empurrou para colocar un irremontable 2-0. Despois Alemaña tivo que lanzarse a polo encontro e Lukas Podolski aproveitou un rexeite para recurtar distancia. A desesperación alemana reflexouse en Schweinsteiger que autoexpulsouse por un empurrón innecesario.

O único bó para os alemáns e que poden clasificarse con facilidade vencendo a Austria na xornada final. Mentres, Croacia mostrou un bo xogo e virtualmente xa é equipo de cuartos.

AUSTRIA 1-1 POLONIA-> AUSTRIA MANTENSE POLOS PELOS NA SÚA EURO

Hoxe todos esperabamos a derrota austriaca, pero en ocasións . Austria non ten nada, e aínda que o seu grupo non era nada do outro mundo na Euro ninguén regala nada. De todas formas os austriacos salvaron os mobles no desconto nun claro penalti, nun partido que tiñan moi difícil de levantar.

Austria comezou xenial e nos primeiros 30 mellores foron superiores aos polacos e seguramente mereceron o gol. Sen facer nada do outro mundo puxeronlle gañas, forza e tiveron a Polonia contra as cordas. Pero os polacos salvaron a papeleta con Boruc en plan estrela e cuns dianteiros austríacos que a verdade e que non tiveron nin moito menos a noite. Así pouco a pouco os austríacos íanse desesperando e no 29 un gol de Polonia cambiou o rumbo do encontro. Saganowski recortou na área pequeba, probou a un Macho que a tocou e Guerreiro, en posición moi xustiña, para min de fóra de xogo fixo o primeiro en boca de gol. Polonia demostrou a calidade nos últimos metros que lle faltou a Austria. Dende entón Polonia creceuse e xa puido sentenciar en Viena antes do descanso, pero non o fixo.

Na segunda parte seguiu a mesma tónica que tralo gol polaco. Austria non saiu do seu campo e Polonia dirixida por un gran Roger Guerreiro poñía en apuros de vez en cando ao porteiro austríaco Macho. Pero os de Beenhacker seguía sen sentenciar o encontro e aquí estivo a clave para eles. Sucedéronse os trocos e Austria mirábase fóra da Euro e comezou a mandar patadóns para ver se había sorte. Xa nos tres de desconto chegou un penalti clarísimo para os anfitrións que Vastic non errou e empato para a decepción do Erns Happel Stadium xa que había máis afeccionados polacos que austríacos. En resumo, que o fútbol foi xusto con Austria e o que lle quitou na primeira parte deullo na segunda colocando a igualada.

O empate practicamente deixa fora os dous, non de forma matemática pero para que Austria se clasifique debería de gañar a Alemaña e a Polonia de Roger Guerreiro debería de superar a gran Croacia que hoxe vimos.

Mañán o grupo da morte, cun Italia-Rumanía onde os italianos teñen que sumar para non quedar elimanados e cun partidazo dende as 20:45 un Holanda-Francia.

Un saúdo.

No hay comentarios: