R.CHECA 1-3 PORTUGAL-> DECO CONDUCE AOS LUSOS A VITORIA
Comezou a segunda xornada en Xenebra, e de novo os nosos veciños portugueses non erraron. Nesta ocasión os de Scolari sufriron un pouco máis que na primeira xornada pero de novo leváronse os 3 puntos e virtualmente xa son os primeiros clasificados para os cuartos de final.
O comezo de Portugal foi espectacular xa que aos 7 minutos de xogo, chegou unha xogada xenial que se embarullou un pouco ao final e que rematou co gol de Deco, tras dous paradóns de Cech. Parecía que todo ía a ser moi sinxelo co marcador a favor para os lusos, pero a R. Checa viuse arriba e conseguiu a igualada por medio de Sionko. O gol chegou no 17, a saída dun corner e as cousas voltabanselle a complicar a Portugal. Ata o descanso os checos metéronse atrás e Portugal mostrouse inoperante.
Na reanudación Deco s
acou os galóns e mellorou o xogo portugués sustancialmente. Nuno Gomes dispuxo dunha clara e pouco despois Simao Sabrosa estivo moi preto de acadar o segundo. Pouco a pouco Portugal comezaba a facer méritos para gañar e ao final chegou o segundo. Un bo pase de Deco foi aproveitado por Cristiano Ronaldo, que se estreou nesta Eurocopa definindo perfectamente ante Cech. Pero aínda quedaba media hora e Sionko estivo a punto de igualar de novo, obligando a Ricardo Martins a facer un paradón. Os rapaces de Buckner volcáronse e Portugal montou unha contra moi boa no 91, Deco deixou a Cristiano e Quarema soíños e estes dous non erran estas cousas; o do Manchester cedeulla a Quaresma para que empurrara o 1-3.
acou os galóns e mellorou o xogo portugués sustancialmente. Nuno Gomes dispuxo dunha clara e pouco despois Simao Sabrosa estivo moi preto de acadar o segundo. Pouco a pouco Portugal comezaba a facer méritos para gañar e ao final chegou o segundo. Un bo pase de Deco foi aproveitado por Cristiano Ronaldo, que se estreou nesta Eurocopa definindo perfectamente ante Cech. Pero aínda quedaba media hora e Sionko estivo a punto de igualar de novo, obligando a Ricardo Martins a facer un paradón. Os rapaces de Buckner volcáronse e Portugal montou unha contra moi boa no 91, Deco deixou a Cristiano e Quarema soíños e estes dous non erran estas cousas; o do Manchester cedeulla a Quaresma para que empurrara o 1-3.Así comezou o día, con outra vitoria do favorito, e que deixa a Portugal en cuartos. Mentres, a República Checa aínda ten moitas opcións de meterse nos cuartos no último encontro ante Turquía.
SUIZA 1-2 TURQUÍA-> DURO FINAL PARA O SOÑO SUÍZO
Partido de urxencias en Basilea. Ambos equipos necesitaban unha vitoria para ter opcións de meterse nos cuartos, e o partido non defradou sendo un dos máis emocionantes de esta Eurocopa.
A primeira parte ademáis da tensión, dos nervios e das gañas de gañar tivo aliciente añadido que foi o terrible diluvio que caiu sobre o St Jacob's Park. Con isto pouco tardou o terreo de xogo en encharcarse, faceta na que os suizos se desenvolveron moito mellor. Aínda así a primeira ocasión foi para os turcos que dispararon ao pau a saída dun corner. Corría o 31 de encontro cando os suizos se adiantaron no marcador. Foi un balón que chegou a área a trompicóns polos charcos, despois un pase de Derdiyok e Hakan Yakin empurrou na liña de gol. O propio Yakin tivo a sentencia minutos despois pero inexplicablemente errou a porta baleira.
Turquía saiu con aires renovados do vestiario, atacando e cuns cambios ofensivos do seu
seleccionador. Ademais parou de chover cousa que axudou o xogo turco. Como premio Semit igualou o encontro no 56 de cabeza nunha boa xogada de Nihat pola zurda. O partido abriuse e houbo ocasións para ambos equipos. Turquía perdoou primeiro pero a máis clara foi para Suiza que errou un clarísimo catro para un nun bonito contragolpe onde quizais correron demasiado e a moveron pouco. Parecía que a cousa ía a rematar con un empate que non solucionaba nada a ningíun pero polo menos os mantiña na Euro ata a última xornada. Pero apareceu Turan para collela no pico do área, disparar e tras un pequeno toque no defensa colocar o 2-1 definitivo. Final duro para Suíza que é a primeira en quedarse fóra da súa Eurocopa. De todas maneiras mañán os seus veciños austriacos poden seguir polo mesmo camino.
seleccionador. Ademais parou de chover cousa que axudou o xogo turco. Como premio Semit igualou o encontro no 56 de cabeza nunha boa xogada de Nihat pola zurda. O partido abriuse e houbo ocasións para ambos equipos. Turquía perdoou primeiro pero a máis clara foi para Suiza que errou un clarísimo catro para un nun bonito contragolpe onde quizais correron demasiado e a moveron pouco. Parecía que a cousa ía a rematar con un empate que non solucionaba nada a ningíun pero polo menos os mantiña na Euro ata a última xornada. Pero apareceu Turan para collela no pico do área, disparar e tras un pequeno toque no defensa colocar o 2-1 definitivo. Final duro para Suíza que é a primeira en quedarse fóra da súa Eurocopa. De todas maneiras mañán os seus veciños austriacos poden seguir polo mesmo camino.Turquía, empata a todo coa República Checa e vanse xogar o pase a cuartos no partidazo da última xornada. Portugal xa está matemáticamente en cuartos con este resultado, aínda que todavía non ten asegurado o 1º posto. Mañán o grupo B, cun Alemaña- Croacia que pode meter en cuartos a algún dos dous. E as 20:45 un Austria-Polonia que tamén pode deixar a un dos dous fóra da Euro.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario