miércoles, 11 de junio de 2008

Día 5-> A análise

Rematou a primeira xornada desta Eurocopa. Simplemente foron 4 días, 8 partidos e 16 goles. Quizais a competeción foi de menos a máis para nós rematando a primeira xornada co debut dos nosos no partido máis goleador da xornada. Porque iso é a principal arma de España o ataque, que deberá compensar os desaxustes defensivos. En estes catro días vislumbramos catro posibles favoritas: Portugal (que demostrou o primeiro día que sabe xogar moi ben), Holanda (fútbol rápido, ataque e moito gol), España (polo seu gran encontro de onte) e Alemaña (porque a súa solidez dalle moita opcións). A estas catro deberíamos poder sumar outras que foron decepcións nestas xornadas, como foron Francia e Italia. Xa presenciamos o primeiro hattrick da Eurocopa, cousa do "Guaje" e tamén o que pode ser o golazo desta Euro por mediación de Ibrahimovic.

Pero como todavía queda moito, máis vale acomodarnos no sofá e para preparnos a ver a segunda xornada que comeza hoxe mesmo, coa Portugal de Cristiano ante a República Checa de Plasil en Xenebra. E polo noite observaremos aos anfitrións ante os turcos de Nihat no espectacular St Jacob's Park de Basilea.

Que continúe a festa e a sorte para os nosos.

No hay comentarios: