ESPAÑA 4-1 RUSIA-> VILLA DEVOLVE A ILUSIÓN
Por fin debutamos, e vimos a España que esperabamos cun medio do campo que a move ben e con dous puntas rapidísmos e que levan perigo de gol en cada xogada.
De todas formas o partido en Innsbruck non comezou nada ben para os nosos, xa que os rusos dominaban e estiveron a punto de darnos algún que outro susto importante. Pero apareceu o mellor Torres para pelexar un balón, roubar e deixarlle a Villa o primeiro gol en band
exa, o electrónico reflexaba o minuto 20 e España estreábase na Euro. Na seguinte xogada Rusia disparou ao pau e puxonos a todos a carne de galiña. O seguinte en golpear foi España aproveitando os ocos que deixaban os rusos e Torres dispuxo de un par de elas claras, pero non era o día do xogador do Liverpool. O día era para o "Guaje" que aproveitou un marabilloso pase de Andrés Iniesta para colarlle o 2-0 ao arqueiro ruso entre as pernas. O árbitro pitou o final do primeiro tempo e os 3 primeiros puntos xa estaban no peto.
A segunda metade comezou con dominio ruso, e co entrada de Cesc no campo que tamén se quixo sumar a festa. O do Arsenal deulle un pase en profundidade ao protoganista da tarde no 74, e Villa sentou ao defensa e enganou o porteiro que hoxe terá pesadillas co dianteiro do Valencia. A tónica do encontro foi a mesma, e España concedeu un gol nun corner no 86 nun fallo de marcaxe que aproveitou Pavlyuchenco para facer o gol da honra. Pero todavía quedaba algo de furia vermella cando Villa colocoulle nas botas de Xavi o 4º, pero o porteiro ruso estaba ahí. De todas formas o rexeite viulle de perlas a Cesc Fábregas que definitivamente colocou o 4-1. Bo partido da vermella, un bo comezo da que esperemos sexa unha gran Eurocopa para os nosos.
SUECIA 2-0 GRECIA-> O FÚTBOL FOI XUSTO COA RACANERÍA GREGA
Debutaron os actuais campións pero o fixeron con mal pé. A proposta que fixeron foi a mesma que en Portugal encerrarse atrás e buscar goles en xogadas aisladas.
A primeira parte foi un auténtico tostón xa que os suecos foron incapaces de atopar as chaves para abrir o cerrollo grego. Polo tanto Nikopolidis non tivo que facer moito máis que calquer espectador dos que se atopaban en Salzburgo. Foi das peores primeiras metades que levamos vistas nesta Eurocopa. A segunda parte prometía máis do mesmo xa que o comezo non foi nada alentador para o fútbol espectáculo.
Por fin debutamos, e vimos a España que esperabamos cun medio do campo que a move ben e con dous puntas rapidísmos e que levan perigo de gol en cada xogada.
De todas formas o partido en Innsbruck non comezou nada ben para os nosos, xa que os rusos dominaban e estiveron a punto de darnos algún que outro susto importante. Pero apareceu o mellor Torres para pelexar un balón, roubar e deixarlle a Villa o primeiro gol en band
exa, o electrónico reflexaba o minuto 20 e España estreábase na Euro. Na seguinte xogada Rusia disparou ao pau e puxonos a todos a carne de galiña. O seguinte en golpear foi España aproveitando os ocos que deixaban os rusos e Torres dispuxo de un par de elas claras, pero non era o día do xogador do Liverpool. O día era para o "Guaje" que aproveitou un marabilloso pase de Andrés Iniesta para colarlle o 2-0 ao arqueiro ruso entre as pernas. O árbitro pitou o final do primeiro tempo e os 3 primeiros puntos xa estaban no peto.A segunda metade comezou con dominio ruso, e co entrada de Cesc no campo que tamén se quixo sumar a festa. O do Arsenal deulle un pase en profundidade ao protoganista da tarde no 74, e Villa sentou ao defensa e enganou o porteiro que hoxe terá pesadillas co dianteiro do Valencia. A tónica do encontro foi a mesma, e España concedeu un gol nun corner no 86 nun fallo de marcaxe que aproveitou Pavlyuchenco para facer o gol da honra. Pero todavía quedaba algo de furia vermella cando Villa colocoulle nas botas de Xavi o 4º, pero o porteiro ruso estaba ahí. De todas formas o rexeite viulle de perlas a Cesc Fábregas que definitivamente colocou o 4-1. Bo partido da vermella, un bo comezo da que esperemos sexa unha gran Eurocopa para os nosos.
SUECIA 2-0 GRECIA-> O FÚTBOL FOI XUSTO COA RACANERÍA GREGA
Debutaron os actuais campións pero o fixeron con mal pé. A proposta que fixeron foi a mesma que en Portugal encerrarse atrás e buscar goles en xogadas aisladas.
A primeira parte foi un auténtico tostón xa que os suecos foron incapaces de atopar as chaves para abrir o cerrollo grego. Polo tanto Nikopolidis non tivo que facer moito máis que calquer espectador dos que se atopaban en Salzburgo. Foi das peores primeiras metades que levamos vistas nesta Eurocopa. A segunda parte prometía máis do mesmo xa que o comezo non foi nada alentador para o fútbol espectáculo.
Pero alá polo 65, apa
receu o segundo protagonista do día, tras os 3 tantos de Villa, Ibrahimovic non quixo quedar atrás e marcou o que pode ser o gol da Eurocopa. "Ibracadabra" sacou das súas máxicas botas un mísil que se colou pola escadra de Nikopolidis. 1-0 e merecido premio a Suecia xa que polo menos o intentara, cosa que os gregos nin a intención fixeran. Grecia intentou algo máis, pero tivo que abrir o cerrollo defensivo e concedeu o segundo para os Suecos. Hanssen sentenciou o encontro no 70 e deixou a campiona de Europa bastante tocada. Mentres os suecos sacan medio billete para estar nos cuartos, aínda que o partido contra os rusos será moi decisivo para eles. De momento o noso próximo rival deixou claro onde está o seu maior perigo, na maxia de Ibrahimovic.
receu o segundo protagonista do día, tras os 3 tantos de Villa, Ibrahimovic non quixo quedar atrás e marcou o que pode ser o gol da Eurocopa. "Ibracadabra" sacou das súas máxicas botas un mísil que se colou pola escadra de Nikopolidis. 1-0 e merecido premio a Suecia xa que polo menos o intentara, cosa que os gregos nin a intención fixeran. Grecia intentou algo máis, pero tivo que abrir o cerrollo defensivo e concedeu o segundo para os Suecos. Hanssen sentenciou o encontro no 70 e deixou a campiona de Europa bastante tocada. Mentres os suecos sacan medio billete para estar nos cuartos, aínda que o partido contra os rusos será moi decisivo para eles. De momento o noso próximo rival deixou claro onde está o seu maior perigo, na maxia de Ibrahimovic.Día de dous cracks: Villa e Ibrahimovic. Mañán tras un breve análise desta primeira xornada e das favoritas que vislumbramos falaremos da 2ª xornada no grupo A con Portugal como máxima protagonista do día.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario