¿Podemos? ou ¿non podemos?, esa é a gran pregunta que nos levamos facendo dende que comezou a Eurocopa. E hoxe tras ver as claras candidaturas de gañar a Euro por pa
rte de Portugal, Alemania e Holanda debuta España, o último día, como xa fixeramos en Alemaña 2006. O resultado ben podería ser parecido a aquel 4-0 co que marabillamos a medio mundo, aínda que logo as cousas se torcera. Hoxe temos que vencer a Rusia, tocada polas baixas pero con Hiddink que coñece ao España ao pé da letra. Recordemos que a Corea de Hiddink xa nos eliminou hai ben pouco dun mundial, e os seus equipos solen dar que falar. Pero a min non me preocupan os rivais do grupo, xa sabemos que os tres saldrán a pecharse e a atascar o xogo de toque da Vermella. Sen dúbida as contras rusas poden ser perigosas, pero se España consegue dar velocidade a seu xogo nos últimos metros o partido debería de estar gañado. O problema e que esa velocidade non chegou nos dous últimos amistosos da vermella.
rte de Portugal, Alemania e Holanda debuta España, o último día, como xa fixeramos en Alemaña 2006. O resultado ben podería ser parecido a aquel 4-0 co que marabillamos a medio mundo, aínda que logo as cousas se torcera. Hoxe temos que vencer a Rusia, tocada polas baixas pero con Hiddink que coñece ao España ao pé da letra. Recordemos que a Corea de Hiddink xa nos eliminou hai ben pouco dun mundial, e os seus equipos solen dar que falar. Pero a min non me preocupan os rivais do grupo, xa sabemos que os tres saldrán a pecharse e a atascar o xogo de toque da Vermella. Sen dúbida as contras rusas poden ser perigosas, pero se España consegue dar velocidade a seu xogo nos últimos metros o partido debería de estar gañado. O problema e que esa velocidade non chegou nos dous últimos amistosos da vermella.España afronta o encontro sen baixas e presúmese que Luis porá sobre o campo un 4-4-2 con: Casillas-Sergio Ramos, Puyol, Marchena, Capdevila - Iniesta, Senna, Xavi, Silva - Villa, Torres.
Todo apunta a que Hiddink xogará coun sistema 4-5-1 con:
Afinkeev -Anyukov, Shirokov, Kolodin, Zhirkov - Bistrov, Zyrianov, Semak, Igor Semshov, Bilyaletdinov - Pavlyuchenko.
A hora as 18:00, o lugar o estadio de Tivoli en Innsbruck Suecia, aínda que para nós vai ser mellor velo por Cuatro. Non hai perdelo, porque hoxe veremos o verdadeiro potencial dos nosos xogadores.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario