lunes, 9 de junio de 2008

Día 3-> Grupo C

ROMANÍA 0 – 0 FRANCIA-> A PRIMEIRA GRAN DECEPCIÓN

Comezaba o grupo da morte en Zurich, pero comezou da peor forma posible. O partido foi aburrido, do peor que vimos ata hoxe, e aínda por enriba foi o primeiro empate a cero que observamos nesta competición.

O partido a priori serviría para observar o estado da Francia de Doménech, que a verdade e que non é moi bo. Este equipo bota de menos a Zidane, con respecto ao do mundial e faltalle un referente claro. Tamén notou a falta de Henry, con problemas na espalda e no banco xa que Anelka e Benzemá non deron a talla na punta do ataque. Con este empate Francia complícase moito a clasificación xa que ten que xogarsea ante os campións do mundo e o equipazo holandés.

Romanía demostrou seriedade atrás xa que case non concedeu ocasión saos bleus. Quizais costoulle crer que podían gañar aos subcampións do mundo e ir un pouco máis o ataque. Os de Piturca dixeron claramente que non veñen de turismo a Suíza e que poden dar a sorpresa ante estes tres equipazos.

Do partido pouco que contar. Moito aburrimento, seguramente algún rematou durmindo a sesta. Os de Piturca saíron quizais con demasiado medo xa que por fases deron a sensación de poder con Francia. Francia estivo inoperante en ataque e decepcionou. En resumo a primeira igualada da Euro sen goles, co consecuente aburrimento destes encontros sen goles. Pola noite en Berna esperemos ver algo mellor.

HOLANDA 3 – 0 ITALIA -> HOLANDA DEIXA EN COIROS AOS CAMPIÓNS DO MUNDO

En Berna, capital de suíza, prometíase partidazo dentro do grupo da morte e o encontro superou as espectativas, xa que ata o día de hoxe ningún partido estivera a esta altura.

Holanda saiu ofensiva, e a Italia de Donadoni nunca renunciou a ese ataque aínda que durante os primeiros 45 minutos viuse superada polos homes laranxas. A clave estivo quizais en que Van der Vart secou ao cerebro italiano Pirlo, e pouco puido facer a azzurra. Os dous equipos dispuxeron dunha ocasión clara por parte dos seus dianteiros pero pronto Holanda colleu o toro polos cornos. O primeiro gol nunca debeu subir ao marcador, xa que Van Nistelrooy estaba claramente en posición de fóra de xogo cando remachou o remate de Sneijder tras un rexeite nunha falta. Pero o asitente do sueco Frojdfeldt non levantou a bandeira. 5 minutos despois chegou o segundo. Nun corner sacado por Italia Gio sacou baixo paos, a contra dos de Van Basten foi espectacular e rematou nun centro que Kuij deixou franco para que Sneijder perforara de novo a porta da azzurra. Cando a primeira parte agonizaba Van Gol tivo a sentencia, pero Buffon detivo o disparo do ariete do Madrid.

O segundo tempo comezou un pouco máis tranquilo, Holanda asentouse atrás e Italia non atopaba os espazos necesarios. O máis interesante nos primeiros momentos foron as loitas nas que se meteu Gatusso cos holandeses, que a punto lle estiveron de causar a expulsión a Genaro. Donadoni buscou solucións, e a entrada de Del Piero e Cassano dinamitou o encontró. Toni tivo unha clarísima diante de Van der Sar pero non era o día do xogador do Bayern. Pouco despois Van der Sar fixo un paradón ante un disparo de falta maxistral de Pirlo, pero xusto nesa xogada Holanda montou unha contra letal e matou o encontro. Nesta ocasión Gio e Kuij intercambiaronse os papeis, o que realizou o centro final foi o dianteiro do Liverpool para que o lateral dereito finalizase o seu partidazo cun broche de ouro, e de paso deixaba o encontro visto para sentencia aló polo minuto 79. Sen dúbida que Holanda foi mellor, pero quizais foi demasiado castigo para a azzurra que ten por costume comezar mal os encontros.

Polo visto hoxe, Holanda presenta a súa candidatura para gañar a Euro cun xogo bonito e cun contragolpe letal, xa que ten homes moi veloces. De momento Holanda e Portugal foron do mellor que observamos polas terras suízas e aústriacas nestes últimos días. A campiona do mundo peleará ata o final, e visto o nivel de Francia debería de estar nos cuartos.
Mañán debuta a Vermella, pero diso xa falaremos mañán co peche da primeira xornada co Grupo D.

No hay comentarios: