RUSIA 0-3 ESPAÑA-> ODA AO FÚTBOL ESPAÑOLA
España meteuse na final dando un recital de fútbol de ataque nunha segunda metade que quedará para a historia da Euro cun xogo espectacular, de toque e bailando aos rusos en todo momento. O domingo repetiremos en Viena, o que queriamos. A mala nova do día foi a lesión do "Guaje" Villa, o pichichi da Eurocopa, que se perderá a final.
O espectaculo español comezou un pouco atascado. Nos comezos da semifinal caia unha tormenta sobre o Ernst Happel, España dominiba nestes comezos e case Villa marcou cun disparo
lonxano. Pero no 30 chegou a mala noticia do partido, Villa sufriu un tirón lanzando unha falta e o "Guaje" retirouse ao banco con lágrimas nos ollos pensando no momento que se estaba perdendo, e na súa mala sorte. España demostrou que é un equipo, animaron a Villa no banco e sobre todo no campo co xogo, tanto que o asturiano rematou saltando a pata coxa para celebralo. Pero non todo foi fácil xa que o cambio ao 4-5-1 desconcentrou aos españois e chegou a ocasión rusa do encontro. Non foi Arshavin, foi Pavlyuchenco que colleu o balón e pegouna pero estaba Iker para facer un paradón coa punta das súas luvas. E despois o mismo punta ruso controlou mal un balón na área pequena que fixo suspirar a toda España que estaba pendente do televisor. Acabou a primeira metade e chegou a charla de Luis que tivo máis frutos que nunca.
lonxano. Pero no 30 chegou a mala noticia do partido, Villa sufriu un tirón lanzando unha falta e o "Guaje" retirouse ao banco con lágrimas nos ollos pensando no momento que se estaba perdendo, e na súa mala sorte. España demostrou que é un equipo, animaron a Villa no banco e sobre todo no campo co xogo, tanto que o asturiano rematou saltando a pata coxa para celebralo. Pero non todo foi fácil xa que o cambio ao 4-5-1 desconcentrou aos españois e chegou a ocasión rusa do encontro. Non foi Arshavin, foi Pavlyuchenco que colleu o balón e pegouna pero estaba Iker para facer un paradón coa punta das súas luvas. E despois o mismo punta ruso controlou mal un balón na área pequena que fixo suspirar a toda España que estaba pendente do televisor. Acabou a primeira metade e chegou a charla de Luis que tivo máis frutos que nunca.Comezou a segunda parte con España tocando, buscando a xogada fácil, os espacios e os rusos non collían un balón. Nunha desas Iniesta fixo a primeira xenialidade da noite, revolveuse na banda esquerda colocou un centro chut, e o seu compañeiro do Barça entrou con todo para colarlla entre as pernas a Afinkeev. Despois continuou o fútbol total español con Cesc levando a batuta e con perigosas internadas de Sergio Ramos, pero non era o día de Torres que estaba negado. Chegaron os cambios e entrou Xabi Alonso para reforzar a medular e Güiza na punta
do ataque por Xavi, que non tiña o día inspirado e por un desacertado Torres. Parecía que todo ía de perlas e xa parara incluso de chover, o único problema era que non chegaba o segundo. Pero Fábregas fixo outro xenialidade colocando a Güiza en liza de gol e o arqueiro apareceu por Viena para cruzarlla a un desesperado arqueiro ruso. Todo estaba perfecto, todos vibrabamos nunha noite memorable pero todavía quedaba a guinda. Quedaban dez e Iniesta levantouna para Cesc que fai o fútbol fácil e lle puxo un balón a Silva para que colocara o merecido 3-0, o gol que se lle resistira ante Italia chegoulle ao canario. E o partido rematou con España facendo un rondo e con Hiddink pedindo o indulto para uns rusos desbordados ante o toque español.
do ataque por Xavi, que non tiña o día inspirado e por un desacertado Torres. Parecía que todo ía de perlas e xa parara incluso de chover, o único problema era que non chegaba o segundo. Pero Fábregas fixo outro xenialidade colocando a Güiza en liza de gol e o arqueiro apareceu por Viena para cruzarlla a un desesperado arqueiro ruso. Todo estaba perfecto, todos vibrabamos nunha noite memorable pero todavía quedaba a guinda. Quedaban dez e Iniesta levantouna para Cesc que fai o fútbol fácil e lle puxo un balón a Silva para que colocara o merecido 3-0, o gol que se lle resistira ante Italia chegoulle ao canario. E o partido rematou con España facendo un rondo e con Hiddink pedindo o indulto para uns rusos desbordados ante o toque español.O domingo espera Alemaña, pero iso será outra cousa, de momento desfrutemos.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario