miércoles, 25 de junio de 2008

Día 17-> A análise

España segue de resaca, con sono e soñando trala machada de onte a noite. Chegou o día máis feliz dende hai anos falando futbolísticamente, pero hai que relaxarse e pensar canto antes nestas semis dunha bonita e ata hoxe preciosas competición.

Xa solo nos quedan 3 partidos, que teñen toda a emoción que podiamos pedir. Tres partidazos para lograr a gloria ou a decepción e para aumentar esta emoción a Vermella está aí para loitar e para voltar a facernos saltar dos nervos a todos.

Hoxe todos os que vivimos esta Euro podemos dicir esa frase histórica de "Eu vin a España pasar de cuartos". Pero non queremos só iso, queremos gañar aínda que está moi complicado. A primeira proba a Rusia de Guus Hiddink pero diso xa falaremos nas vindeiras previas e crónicas ao igual que da outra semifinal de Basilea.

Mañán toca día de descanso nesta Euro e neste blog. Voltaremos xa o día 19 coa previa da 1ª semifinal e toda a súa emoción e repetiremos ao día seguinte o proceso coa segundo. Mañán España despídese da súa concentración no Tirol para aloxarse en Viena de onde non queremos que se mova ata o 30 ou máis lonxe.

Todo pode pasar, pero que nos quiten o feito porque hoxe todos traballamos, falamos, durmimos e soñamos cun sorriso nos beizos.

Un saúdo.

No hay comentarios: