domingo, 8 de junio de 2008

Día 1-> Grupo A



SUIZA 0-1 REPÚBLICA CHECA -> OS CHECOS AMARGAN A FESTA SUIZA


Despois da marabillosa cerimonia de inaguración na que o gran estadio de Basilea deu a benvida a esta Euro. Suiza non puido darlle a ledicia do día ao seu país. E non foi porque non o merecera.


O partido foi moi aburrido, como o solen ser todos os encontro que abren as grandes competicións. Na primeira parte Suiza limitouse a pegar patadóns e buscar segundos balóns, a República Checa que nos deslumbrara a todos co seu xogo en Portugal imitou aos locais buscando a súa gran referencia arriba Jan Koller. Así nos primeiros 45 minutos solo Suiza levou perigo en un par de erros da defensa checa, pero non era o día dos dianteiros suizos. Xa o colmo para os anfitrións foi a lesión do seu crack Frei, que parece que terá difícil xogar no que resta de Eurocopa.


A segunda parte tivo o mesma pinta ata que no 70, nun claro erro da defensa suiza os checos adiantaronse cun gol de Sverkos. Pero despois os suizos volcáronse por completo e mereceron o empate, xa que dispuxeron dun tiro ao pao de Vonlanthen e o árbitro comeuse un claro penalti por mans de Ujfalusi convértendose no primeiro claro arbitral da Eurocopa. Foi un partido aburrido, onde Suiza mereceu máis pero deulle moitas opcións de clasificarse para os de Buckner.


PORTUGAL 2-0 TURQUÍA -> PORTUGAL PRESENTA AS SÚAS OPCIÓNS



Os nosos veciños lusos comezaron a Euro con moi bo pé. Poucos esperaban que a Turquía de Nihat puidera derrotar en Xenebra a Portugal de Cristiano Ronaldo e pronósticos cumpríronse. Ademáis os de Scolari xogaron ben e a renda poderíase dicir que foi curta.



Xa na primeira metade o balón foi dos lusos, que crearon sobre todo perigo a balón parado. Un gol anulado a Pepe e un disparo de Ronaldo ao pao foron as dúas ocasións máis salientábais desta primeira metade. Dos turcos poucas noticias tivemos, simplemente 2 ou 3 contras ben levadas polo crack do Vilarreal Nihat asociándose con Altintop, pero ningunha delas creoulle perigo a Ricardo.



Na segunda metade confirmouse o dominio de Portugal; con Simao e Nani entrando como foguetes polas bandas, Deco repartindo xogo e Ronaldo movéndose como Pedro pola súa casa a defensa turca fixo augas, pero aínda así aguantaban o marcador. Parecía que o partido ía a ser un querer e non poder para os lusos cando Pepe incorpourouse ao ataque no 61 e tras unha fermosa parede con Nuno Gómes culminou o 1-0. Os de Scolari seguiron atacando e pouco despois Nuno Gómes tirou ao longueiro e non logrou ampliar a renda. Ao final perigou o marcador con catro ou cinco pelotazos dos turcos ante os que os centrais lusos dubidaron. Pero nunha fermosa contra no tempo de prolongación chegou o segundo por mediación de Raul Meireles .


E así rematou o encontro deixando a Portugal xa na primeira posición do grupo, e polo visto hoxe vai ser moi difícil que os portugueses perdan esa posición de aquí ao final do Grupo A. E con isto tamén rematou a primeira xornada que foi de menos a máis como esperemos que o faga todo a Eurocopa.
Mañán máis Eurocopa, co grupo B en acción. Veremos que tal está Alemaña, outra das favoritas. Observaremos o xogo da outra anfitriona, Austria. E veremos se Croacia e Polonia están en condicións de facer algo máis que participar nesta competición.

No hay comentarios: