sábado, 7 de junio de 2008

Que comece o espéctaculo

Quedan menos de 24 horas para que chegue ese momento, ese día 7 de xuño e esas 18:00 h que todos os futboleiros temos marcados no calendario dende hai moito tempo.

Xa hai moito tempo que levamos esperando isto, dende Alemaña 2006, dende ese mesmo día cando Cannavaro alzou ao ceo de Berlín a Copa de Campións do Mundo para a azzurra e ata hoxe eu polo menos tiña gañas de grande acontecemento. Porque a liga, a champions e todo ese mundo movido polos intereses e no que triunfan os que máis cartos teñen está ben pero non se pode comparar con un gran torneo. Aquí todos vamos coa nosas respectivas seleccións, non temos mellor equipo por ter máis cartos, son os que hai, os que son naturais de España e eses xogadores que sinten as cores.

Presentáse unha eurocopa moi apaixoante cun abanico de favoritos moi amplo, Alemaña, Italia, Francia, Holanda, Portugal, España. Porque na Euro solo temos 16 equipos pero deses,todos teñen opcións. Grecia defende o título que lle roubou aos anfitrións do 2004 en Lisboa, pero non parte en principio como favorita.

España volta a estar ahí, co mesmo grupo de Alemaña, si aquel mesmo que tanto nos ilusionara e que rematou xubilando Zidane na súa marabillosa despedida do fútbol. Desta vez esperamos que a xeración dos xogóns esa que tan ben trata o balón logre superar a barreira mental dos cuartos e loitar por facer algo importante. Ilusión a min polo menos non me falta.

E como en Alemaña nos voltaremos a estar aquí durante este mes de competeción. En principio cos nosos resumos diarios e as previas da Vermella. Dende cuartos ampliaremos a cobertura facendo previas de cada encontro, igual que as crónicas. Buscaremos as mellores imaxes, buscaremos os cracks pero sobre todo o faremos dende o noso humilde punto de vista. Os medios voltan a ser o PC e a televisión, xa que o presuposto non nos da para chegar a vislumbrar as marabillosas paisaxes dos dous países organizadores. O único consolo que nos queda e que estaremos a salvo das temibles garrapatas!!!

Por hoxe nada máis, mañán as 18:00 h e por Cuatro (a cadena que máis chuparemos durante o próximo mes). Suiza- República Checa abren o fogo e polo noitiña as 20:45 e pola cadea dos ricos o estreno de Cristiano Ronaldo no Portugal-Turquía.

Un saúdo!!

No hay comentarios: