domingo, 15 de junio de 2008

Día 9-> A análise

Continuamos vivindo está maravillosa Eurocopa con toda a súa emoción. Trala segunda xornada xa temos catro equipos clasificados: Portugal, Holanda, España e a sorpresiva Croacia.
Nesta segunda xornada vivimos tamén a eliminación de Grecia e de Suiza como quizais as notas máis negativas do trofeo. O de Grecia é quizais máis sorpresa xa que ninguén esperaba que a campiona durara soamente dúas xornadas.

Holanda de novo foi do mellorciño desta xornada, dándolle un soberano baño aos “bleus” e colocándose xa como primeira do grupo da morte. Nese mesmo grupo vivirimos unha gran última xornada o martes con Romanía, Italia e Francia loitando por unha praza de cuartos.

O que consiga esa praza xogará en Viena ante España que despois da súa axustada vitoria de onte xa é primeira de grupo. Onte non xogamos tan ben, pero Villa demostrou que é un gran xogador e que nos pode dar grandes ledicias nesta Euro. De momento, xa é pichichi. No grupo de España viviremos un Suecia-Rusia de infarto para loitar por xogar en cuartos ante Holanda. Isto será o mércores

Pola outra parte do cuadro xa temos a Croacia nos cuartos, tras gañar soprendentemente a Alemaña. Os de Low xogaran un partido a vida ou morte ante Austria, e incluso Polonia tería opción de meterse nos cuartos.

O segundo deste grupo cruzarase con Portugal, outra das favoritas que gañou grazas a Deco, un dos mellores nesta xornada, a República Checa. Os checos xogaranse hoxe mesmo o pase os cuartos ante Turquía nun partidazo. O que gañe estará en cuartos ante Croacia, o que perda marchara para casa. En caso de igualada, viviremos penaltis xa que están empatados a todos. Eu quero que empaten, porque quero que siga habendo emoción.

Seguimos con ganas de máis, así que continúe a festa.

Un saúdo.

No hay comentarios: